Presentación del monográfico "Celso Emilio fai 100 anos"

5/1/12


No Centenario de Celso Emilio Ferreiro

Casa dos Poetas de Celanova - Sábado, 7 de xaneiro ás 11 horas

Presentación do monográfico da Revista Arraianos

Celso Emilio fai 100 anos

Con material inédito do poeta celanovés, un CD dos Labregos do Tempos dos Sputniks e as colaboracións de Xesús Alonso Montero, Aser Álvarez, Miguel Castelo, Lois Codias, Carlos Díaz, Isaac Díaz Pardo, Celso Emilio Ferreiro, Luís Ferreiro, Benedicto García, X.L. Méndez Ferrín, Ramón Nicolás, Xaime Quessada, Baldo Ramos, Armando Requeixo, Xosé Benito Reza, Sabino Torres, Miro Villar, Manuel Vilanova e Xosé Vizoso.

Trala presentación haberá un recital poético e musical dos Labregos do Tempo dos Sputniks

Reproducimos o Limiar de Celso Emilio fai 100 anos:

CEF xa ten cen anos. Vós diredes, mais a nós parécenos que lle sentan moi ben. Que a súa obra envellece sen perder potencia, coma unha esgrevia augardente do país. Que alza e refresca a quen queira bebela.

Convocamos eiquí a moita e variada paisanaxe: profesores, poetas, amadores, labregos (do tempo dos sputniks), peatóns, defuntos, regueifeiros, fotógrafos, pintores... Até o mesmo petrucio quixo comparecer con material nunca antes editado. Beizóns camaradas.

 Veredes estrelas, fogueiras ou muxicas:
 vagalumes todos que se han de apagar.
 Mais o lume que alampea en cada cousa
 endexamais o veredes morto.

Celanova, 4 de xaneiro de 2012
No Centenario de Celso Emilio Ferreiro


Información facilitada por el Colectivo Arraianos.


0 comentarios: