Presentación-recital de A Porta Verde do Sétimo Andar en A Coruña

13/10/11

Recibimos la información de la "Presentación-recital de A Porta Verde do Sétimo Andar" en A Coruña de la que nos hacemos eco por si es de vuestro interés.


Presentación-recital de A Porta Verde do Sétimo Andar en A Coruña! cos novos traballos do  colectivo, en particular a colección Cadernos Q de Vián.
Será no  Centro Social GOMES GAIOSO (rúa Marconi, 9 - Monte Alto) 
o sábado 15 de outubro a partires das 21 h.
A Porta Verde do Sétimo Andar, despois do sorprendente éxito do libro "Sétimo andar, poesía alén" (2010) puxo en marcha os cadernos Q de Vián, unha nova iniciativa con afán de continuidade no tempo e unha periodicidade polo menos semestral, coa que se busca incidir na visibilidade da produción artística galega. A colección nace con afán de continuidade, polo que periodicamente abrirase a porta deste espazo á participación de artistas galegos e galegas, así como a autores e autoras de países lusófonos cos e coas que xa actualmente se manteñen relacións.

nº1 dos cadernos foi "De Castro" (colectánea poética de Alba Méndez e Alberte Momán, que unifica a visión de ambos sobre a obra de Rosalía De Castro) que saíu en xaneiro deste ano. Agora aparecen 3 novos cadernos (libros) que terán difusión en sucesivas presentacións e actos, ademais de poder ser atopados xa nas librarías; estes son os novos cadernos:
-"Pegadas"  (caderno nº2) é un libro colectivo esencialmente poético, no que participan 37 autores e autoras de Galiza e de Portugal, voces xa coñecidas algunhas e outras non tanto, que xa foi presentado en Vigo.
- "O día que morreu Steve Macqueen. Unha novela de Xabi Ribax" (caderno nº3) é unha interesante novela de Kiko Neves, ambientada na súa Ponteareas dos oitenta, e que ficou inédita ata hoxe.
- "Desobediencia" (caderno nº4) é un poemario de Rosa Enríquez, con limiar de Anxo Angueira.

Un acto participativo e aberto.
Estades tod@s convidad@s! Saudiños,

Alfonso Láuzara (voceiro)

0 comentarios: