I CONCURSO FOTOGRÁFICO “FOTO-POESÍA-MÓBIL” 2011

13/10/11

Nos hacemos eco del "I Concurso de Fotografía, Poesía y Móbil 2011", que nos llegó a nuestro correo electrónico y que convoca la Fundación Curros Enríquez y el Concello de Celanova. Este concurso es uno de los primeros eventos conmemorativos del centenario del nacimiento de Celso Emilio Ferreiro en 2012.



Por si os interesa participar. CELANOVA POÉTICA A TRAVÉS DO TELÉFONO MÓBIL
En colaboración coa Oficina de Información Xuvenil e a aula CEMIT, a Fundación Curros Enríquez e o Concello de Celanova convocan o 


    I CONCURSO FOTOGRÁFICO “FOTO-POESÍA-MÓBIL” 2011


Neste concurso poderán participar todas as persoas maiores de 16 anos e que posúan un teléfono móbil con cámara de fotos. 
A temática xira en torno ao celanovés Celso Emilio Ferreiro (nas portas da celebración do I Centenario do seu nacemento en 2012) e as fotografías presentadas a concurso terán como motivo a súa poesía. 
Seis son os poemas propostos e nos que os concursantes deberán inspirarse para realizar a captura das imaxes. Para participar poderán envialas á Fundación Curros Enríquez ou ao Concello de Celanova cos datos persoais dos participantes e nas que nos deberán indicar o fragmento do poema escollido e o lugar onde foi realizada a fotografía: ‘Os meus amigos”, “O meu val”, “O estranxeiro” e “Ourense na lembranza” de Onde o mundo se chama Celanova, “Son un pasmón”  de Longa noite de pedra e “Doce outono” de Viaxe ao País dos Ananos.


O prazo de presentación de fotografías será durante todo o mes de outubro. Ao finalizar a recepción, seleccionaranse as imaxes que optarán a un dos tres premios e dous accésit consistentes en diverso material fotográfico aportado por varias entidades colaboradoras da vila de Celanova.


Finalmente, con motivo da colaboración da Fundación Curros Enríquez e o Concello de Celanova na organización do ‘Outono fotográfico’ organizado pola Casa de Xuventude de Ourense, organizarase unha mostra con 50 fotografías seleccionadas entre as recibidas que se exporá na Casa dos Poetas ou noutro espazo acondicionado polo Concello de Celanova durante a segunda quincena do mes de novembro.


Xúntanse as bases do I Concurso fotográfico “Foto-poesía móbil” 2011 para a súa consulta e difusión. Estas tamén poderán ser consultadas nas páxinas web: www.currosenriquez.es e www.concellodecelanova.com.

0 comentarios: