A poesía de Lois Pereiro no Día das Letras Galegas

17/5/11

A loita continúa e somos moitos menos e distintos
e o inferno "sont les autres"
tamén nós
tantas derrotas nos libros na alma e nas casoupas
feitas de fatalismo e humidade moral
co mofo dos vencidos.
Lois Pereiro.




Quería comezar este achegamento con esta fotografía do ourensán Nacho Santás que lle fixo a Lois Pereiro sentado nunha rúa de Santiago de Compostela. Non sei o motivo, pero sempre que penso en Lois Pereiro a primeira imaxe que me aborda é esta. Supoño que un non se esquece dos días vividos en Compostela, da choiva, da choiva a subir cara un nesas pedras que tanto calan.


Xosé Manuel Pereiro
Neste Día das Letras Galegas, "La voz en espiral" sentiámonos ledos de poder achegarvos algo da vida e obra do homenaxeado. Para iso, quen mellor que os nosos tres invitados. 


Empezamos a falar co xornalista Xosé Manuel Pereiro, que nos achegou algún dos aspectos máis íntimos de seu irmán; do poeta que estaba á marxe dos círculos literarios.

Xosé Luís Méndez Ferrín
Para seguir á procura do sentir do pobo, o Presidente da Real Academia Galega, o poeta Xosé Luís Méndez Ferrín contounos a súa apreciación deste tempo borralleiro que está a vivir Galicia, pero Ferrín tamén nos falou da poética de Lois Pereiro, da aceptación popular dun autor recluído a círculos minoritarios da literatura do país. Da importancia de ter unha festividade coma esta para un pobo que se identifica na súa lingua.

Antón Patiño
Faltábanos algún dos membros daquela aventura madrileña que casou para ben da nosa lingua a Antón Patiño, Manuel Rivas, Xosé Manuel Pereiro e Lois Pereiro. Contamos coa voz do pintor e escritor Antón Patiño, que nos debullou polo miúdo o tempo que compartiron, pero tamén falou da obra de Pereiro, analizada por el en libros coma "Lois Pereiro. Radiografía do abismo".

Agradecidos e en débeda quedamos con eles, e agardamos que a nosa teima sirva para achegar o verso de Lois Pereiro a todos os que dalgún xeito gozades coa poesía. Feliz Día!

0 comentarios: